head1 head2 head3 head4

Ruta (17-21 anos)

Nesta etapa é onde a persoa adquire unha maior independencia e autonomía dentro do grupo, o que conleva tamén asumir un maior grao de responsabilidade e compromiso. A nivel persoal, afrontará situacións importantes de cara o futuro: estudos, traballo, amizades, familia...

Os mozos e mozas desenvolverán principalmente a súa vertiente individual, pero tendo presente que compartirán tamén vivencias e experiencias con outros rutas. É unha unidade de servizo, tanto de cara ó grupo como á propia sociedade, destacando valores como o compromiso, a iniciativa e a responsabilidade.

A metodoloxía é activa, participativa e reflexiva, favorecendo unha actitude crítica, unha maior implicación social e o coñecemento do propio individuo.

Dispoñemos dun BLOG no que contamos as actividades que imos facendo durante o ano, e onde nos podedes deixar un comentario ou ponervos en contacto con nos.

Para acceder ó blog pincha AQUI .