A Manada e os seus integrantes, os lobatos, así como todos os nomes e formas que compoñen a unidade, teñen a súa orixe no “El libro de las tierras vírgenes” de R. Kipling. Nel cóntanse as aventuras dun neno perdido na selva, criado e coidado dentro dunha manada de lobos, que son axudados na súa educación por outros animais: a panteira, o oso, a serpe...
O xogo convírtese nunha actividade básica para o desenvolvemento integral do neno/a e na peza esencial de aprendizaxe que os educadores aproveitamos para incidir na súa educación e formación.
O xogo colectivo failles afrontar situacións nas que se comportan tal e como son, facendo que aflore ó seu carácter e facilitando que perciban que, ao seu redor, conviven persoas semellantes a eles, aportando un gran valor socializador. Xogando, aprenderán a crear, a superarse, a cooperar, a controlar os seus impulsos, a desenvolver a súa agudeza, coordinación, axilidade mental...









