head1 head2 head3 head4

Irmandade (14-16 anos)

Recibe este nome porque un dos obxectivos mais importantes é acadar un "irmanamento" entre os seus integrantes, escoteiros e escoteiras, favorecendo o desenvolvemento persoal, a partir dun apoio constante entre eles. Polo tanto, a dinámica propia da unidade se asentará na realización das actividades de xeito colectivo.

Na Irmandade todos aportan ideas e dan as súas opinións. Destacar entre as actividades propias da rama, a realización de "proxectos", onde eles mesmos deciden que queren facer, que obxectivos perseguen e os medios que van utilizar para logralos. A través dos proxectos, os rapaces e rapazas adquiren responsabilidades e son parte activa da súa propia educación.

Foméntanse valores como a amizade, o respeto, a confianza, o sentido crítico e o traballo en equipo. Piares básicos sobre os que se asenta a convivencia e relacións dentro da Irmandade.