head1 head2 head3 head4

Información custo aproximado campamentos federais

Vos adiantamos uns cálculos aproximados do que pode custar asistir aos campamentos federais que se organizan a nivel de ASDE-Scouts de España para conmemorar o noso centenario.
Este venres como data tope necesitamos saber cantas persoas estarían interesadas en asistir. Os país e nais que non poidades vir á reunión, tedes que transmitirvos vía mail ou telefónicamente cál é a vosa intención antes das 20.00 h. do venres.
En caso de querer participar, haberá que agardar a ter confirmación por parte da organización de cantas prazas corresponden a Scouts de Galicia e de canta xente dentro da nosa federación este apuntada. Podería non haber prazas para todos, polo que sería preciso un sorteo entre a xente interesada.

Campamento Federal de Rovers (Ruta). Camiño do norte entre Cantabria e Galicia do 4 ao 12 de agosto (posibilidade de ampliar “x” días a estancia en Cantabria)
Cota campamento 70€ + 40€ (tren feve Ferrol-Santander) + 40€ (gastos propios e imprevistos)
Total: 150€/persoa
De ir máis días, habería que sumar a esta cantidade 25€/día

Campamento Federal de Escultas (Irmandade). Tenerife do 5 ao 12 de agosto (posibilidade de ampliar “x” días a estancia na illa)
Cota campamento 110 € + 200€ aprox. avión a Tenerife i/v + 40 € (gastos propios e imprevistos)
Total: 350 €/persoa
De ir máis días, habería que sumar a esta cantidade 25€/día