O pasado sábado día 26 de novembro celebramos as III Xornadas para escultas e rovers organizadas por ASDE - Scouts de Galicia. Principiamos coa visita ao Centro de extensión universitaria e divulgación ambiental de Galicia (CEIDA) sito no precioso Castelo de Santa Cruz, onde nos explicaron cales son os obxectivos e programas que dende alí desenvolven. Posteriormente achegámonos ata a Aula do Mar dos faros de Mera. Unha vez alí, e por necesidades organizativas, dividímonos por seccións para realizar tanto a visita a aula, como o pequeño roteiro de sendeirismo pola costa de Dexo – Serantes. As fotos falan por sí solas das impresionantes vistas que puidemos contemplar, enriquecidas coas oportunas explicacións medioambientais dos guías do centro que nos acompañaban. O soleado e despexado día foron a guinda perfecta para disfrutar dun novo punto de encontro para os escultas e rovers dos distintos grupos de ASDE – Scouts de Galicia. Ata a vindeira andaina. Un saúdo scout para todos e todas.








