Rematou a nosa acción de servizo nas Illas Cíes, aportando o noso pequeno gran de area na erradicación da acacia negra deste paraxe natural.
Durante toda a xornada acompañaronnos os técnicos do Parque e o seu director, Jose Antonio Fernandez Bouzas. As súas indicacións e asesoramento, xunto a un magnífico día de sol, contribuiron decididamente a desenvolver a nosa actividade axustándonos os obxectivos fixados.
Os SCOUTS continuamos avanzando no difícil camiño de mellorar o noso mundo, paseniñamente, pero sin descanso. Coidar e preservar hoxe o noso medio natural, para que o sigan a disfrutar intacto as vindeiras xeracións, é unha labor de todos os días.
Bo traballo e parabéns a todos e todas pola vosa implicación.
Podes ver máis fotos da actividade premendo na ligazón de facebook que está á dereita.








