head1 head2 head3 head4

Importante: información actividade Illas Cíes

Este sábado 29 de outubro temos a actividade, organizada por ASDE-Scouts de Galicia, de limpeza de especies invasoras nas Illas Cíes en colaboración co Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Vos lembramos a seguinte información:
SAÍDA: Sábado 29 de outubro ás 7.45 h. no porto, frente Capitanía marítima e a fonte da ranita.
REGRESO: Sábado 29 de outubro ás 21.00 horas no local.
PREZO: 6 €
MATERIAL PERSOAL: uniforme (polo, vaqueiro e pañola), xantar, merenda, cantimplora con auga, mochila, bolsa de lixo, botas de travesía/senderismo, chaqueta de abrigo ... atentos á previsión do tempo!!!
NOTA: Lembrade que imos a unha illa que forma parte dun Parque Nacional e que debemos traer de volta tódolos residuos que nós mesmos xeneremos. Tédeo en conta á hora de preparar o que levedes para xantar. Levade na vosa mochila unha bolsa de lixo para meter os vosos desperdicios.
Un saúdo e ata o sábado.