O sábado 29 de outubro temos unha actividade federativa xunto ao resto de grupos de ASDE-Scouts de Galicia. Trátase de contribuir á eliminación de especies vexetais invasoras nas Illas Cíes, labor que desenvolveremos en colaboración e contando co apoio do Paque Natural das Illas Atlánticas. Trátase dunha experiencia moi interesante na que todos e todas aportaremos o noso grán de area para contribuir a eliminar especies foráneas.
Necesitamos que nos confirmedes vía mail ou por teléfono a vosa asistencia, neste caso chamando os vosos responsables. Tedes que traer asinada a autorización ou ben ao local se hai reunión, ou o propio día da actividade. Tamén podes escaneala e remitila por mail (ainda que precisaremos igualmente que nos entregues o orixinal).
A cota a pagar por socio/a son 6€.
Na autorización tes a información de horarios e material a levar.
Como sempre, tela colgada no apartado “descargas” da páxina web: Autorizacion actividade Illas Cies 29 outubro 2011
Un saúdo e boa ruta.









