Aquí atoparás toda a información sobre a nosa asociación. Para iso tan so deberás navegar polas noticias e os diferentes apartados do Índice Xeral e Ligazóns.
Agardamos que desfrutes da páxina.
Boa ruta!
O Grupo Scout Guía “Vasco da Ponte” somos unha asociación xuvenil de tempo libre con sede en Ferrol, Galicia (España), sen ánimo de lucro e inscrita nos censos oficiais da Xunta de Galicia. Formamos parte de Scouts de Galicia-ASDE, federación que integra a máis de 300 grupos scouts a nivel estatal e que pertence á Organización Mundial do Movemento Scout-OMMS, organismo oficial que reune a todas as organizacións scouts de mais de 150 paises en todo o mundo.
O noso grupo está formado por rapaces e rapazas entre os 11 e os 21 anos, repartidos por grupos de idade, que están coordinados por un equipo de educadores. Na actualidade somos 36 socios e socias.
Creemos que a educación o é todo e por elo traballamos por un mundo máis xusto e solidario, onde o coidado do medio ambiente, o respeto os dereitos humáns e o entendemento entre as persoas e os pobos sexa unha realidade.
A misión do escultismo é contribuir á educación integral dos mozos e mozas para axudar a crear un mundo mellor, onde as persoas poidan desenvolverse como individuos e xogar un papel constructivo na sociedade.
Para alcanzar esta misión consideramos fundamental:
- Educar na liberdade, a xustiza, a solidariedade e a responsabilidade persoal e comunitaria, no marco da convivencia, o respeto e o servizo.
- Promover aqueles valores espirituais, inherentes á persoa, que axuden a superar o individualismo e o materialismo, e favorezan a formación da súa personalidade.
- Despertar o espíritu crítico e participativo, respetando a liberdade persoal e promovendo hábitos de vida saúdable, que permitan analizar as ideoloxías e alternativas que a sociedade presenta para posteriormente elexir unha opción de vida.
- Impulsar a comprensión e o desenvolvemento na nosa sociedade, promovendo o cuidado e defensa do medio ambiente e estimulando accións de cooperación e servizo aos demáis.
Qué facemos?
As nosas actividades desenvólvense ao longo do ano do seguinte xeito:
Facémolas os sábados no noso local. Nelas realizamos obradoiros, dinámicas de grupo, planificación e preparación de actividades de exterior, xogos cooperativos, así como abordamos áreas temáticas de interese para a xuventude en función das idades dos rapaces e rapazas.
Actividades de exterior












