Pagamento dos campamentos
Proceso de pago da cota de campamento
A cota dos campamentos de semana santa e verán poderá pagarse en dous prazos. O primeiro deles aboarase na 1ª quincena do mes anterior ao campamento e o segundo no propio mes do campamento. Se o inicio do campamento coincide dentro dos primeiros 7 días dun mes, o abono do 2ª prazo se realizará na última semana do mes anterior.
A cantidade a pagar no primeiro prazo será do 60% da cota total e o segundo do restante 40%.
Devolución de cotas
Se unha persoa non vai ó campamento despois de ter aboado o primeiro prazo, a cota deste 1º prazo non será devolta.
Se unha persoa non vai ó campamento despois de ter aboado o segundo prazo, a cota deste 2º prazo so será devolta a socios e socias do grupo. Os non socios ou socias non terán dereito a devolución.
Desconto irmáns
Para socios e socias ós que se lles aplique o 20% de desconto por dous irmáns, cando un deles asista ó campamento menos días que o outro, o 20% de desconto aplicarase sobre a cota que teña que pagar o socio ou socia que asista menos días.
Normativa en actividades de exterior
1. Un/unha menor de idade só poderá abandonar unha actividade se o fai acompañado do/da seu/súa pai/nai, titor/a ou persoa responsable, que deberá asinar o oportuno documento de abandono da actividade ou de ser o caso, acompañado dun/dunha responsable do Grupo.
2. Para poder participar en calquera das actividades que organizamos, é indispensable facilitar, polo menos, un número de teléfono no que, durante as 24 horas de cada un dos días que dure a actividade, se poida localizar o/a pai/nai, titor/a ou persoa responsable do/da participante para poder comunicarlle calquera incidencia que se produza.
3. Co fin de favorecer a convivencia e o bo fin das actividades débense respectar unhas normas mínimas de comportamento por parte de todos e cada un dos/as participantes. Será expulsado/a da actividade calquera participante que non teña un comportamento axeitado, como insultar ou agredir a outra persoa, desobedecer as indicacións dos responsables da actividade ou calquera outro comportamento impropio da sensata convivencia nunha actividade de tempo libre. No caso de ser expulsado/a un/unha participante, os/as pais/nais, titor/a ou persoa responsable deberán acudir ao lugar onde se atope o/a participante para recollelo.
4. Se o/a participante da actividade non está cuberto pola Seguridade Social, pero si ten un seguro privado, é necesario que acuda á actividade co seu propio talonario de receitas, para o caso de que sexa necesario administrarlle un medicamento ante calquera enfermidade.
5. As decisións do persoal sanitario deben ser respectadas por todos e todas, e tanto os/as participantes como os/as pais/nais, titor/a ou persoa responsable e o equipo de educadores debemos colaborar activamente co fin de cumprilas. Se a citada decisión conlevara a necesidade de abandonar anticipadamente a actividade, os/as pais/nais, titor/a ou persoa responsable deberán acudir ao lugar onde se atope o/a participante para recollelo.
6. A actividade na que participe un/unha rapaz/a debe ser consonte coa condición física do/da mesmo/a, motivo polo que é necesario un certificado médico anual que o acredite.
7. Queda prohibido o uso de aparatos electrónicos persoais (móbil, mp3, consolas, etc.). Como única excepción, a unidade de Ruta, sempre de xeito limitado e previa autorización, poderá utilizar o móbil e o mp3.
8. Cada participante poderá levar un máximo de 5 euros ás actividades de exterior. O seu uso deberá ser autorizado previamente polos responsables da actividade.








